Novas
A ASOCIACIÓN MESTRE MANUEL GACIO PUBLICARÁ UNHA ANTOLOXIA POÉTICA DO PICO SACRO
A Asociación Mestre Manuel Gacio de Lestedo organiza a elaboración do libro “Antoloxía poética do Pico Sacro” coa colaboración da Asociación de escritores en lingua galega e o escritor Miro Villar.

ÉXITO DO ROTEIRO LITERARIO O PICO SACRO
O percorrido celebrado en pasado día 12 en torno ao Pico Sacro, foi todo un éxito tanto de asistencia, unhas 75 persoas, como de organización.

CARTA CIRCULAR AOS SOCIOS
Prezados socios e amigos/as.

ROTEIRO LITERARIO ” O PICO SACRO” NA LITERATURA GALEGA
Rememoramos á xeración do Seminario de Estudos Galegos que reparou neste lugar emblemático, visitou e estudou, amosando unha actitude intelectual de interese e respecto polo propio que contrasta cos valores que agora se están a transmitir .

OBRADOIROS EN FUNCIONAMENTO
Dende a Xunta Directiva queremos comunicar os eventos que estamos celebrando ou que se van realizar en datas próximas: Obradoiros de pandeireta, gaita, percusión e baile.

Actuación no programa LUAR dos grupos Estralampo e Loaira o día 18
O día 18 de marzo, no programa Luar da TVG actuarán, unha vez máis os grupos da nosa Asociación, ESTRALAMPO e LOAIRA, un orgullo para todos os que compartimos esa ilusión colectiva de traballar pola cultura de noso.

Roteiro o Pico Sacro na literatura galega o vindeiro sábado, 12
A Asociación ten programada unha andaina o día 12 de marzo das 10 a 19 horas , moi recomendable. A saída será (se o tempo non obriga a suspender) dende o Centro de interpretación do Pico.

O 17 de marzo acto de homenaxe a Neira Vilas na Cidade da Cultura.
O Concello enviou a Asociación un documento no que da conta dunha homenaxe a Neira Vilas, aclarando que as entradas son limitadas, polo tanto a xente que desexe asistir recolla a súa entrada no concello, antes de que se esgoten.


no rograma aqui galicia actuaran os grupos estralampo e loaira na nosa Asociación
Prezados socios/as O vindeiro sábado, no programa AQUÍ GALICIA, van actuar os nosos grupos; Estralampo e Loaira. Tamén para o vindeiro sábado, 27 de febreiro comeza o obradoiro de AGREMÁNS.
