Un pouco de Historia

A idea de crear unha Asociación Cultural en Lestedo foi suxerida polo escritor profesor e veciño, Xosé Manuel Lobato o 30 de outubro de 2011 na presentación que o propio promotor fixo dun dos seus libros

Máis dun cento de persoas que asistían ao evento acolleron con entusiasmo a idea de contar cunha Asociación que dinamizase, fomentase, divulgase e promovese a cultura e o patrimonio artístico no ámbito parroquial e municipal.

Así naceu a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, nome suxerido tamén polo escritor en recordo do que foi moitos anos docente na parroquia

Grupo de nenas con traxe tradicional e pandeiretas