Máis de 100 persoas , de todas as idades, participan nos ensaios dos distintos grupos musicais formados no seo da Asociación Mestre Manuel Gacio,

Os nomes dos nove grupos de música tradicional da Asociación, teñen todos unha orixe común, están relacionados coa claridade . Estes son:

Lucerniñas, Luarada, Raeira, Raiola, Loaira, Estralampo 1 e 2, Ardora e Luz do Ilicinio

  • Catro rapazas con traxe tradicional e pandeireta
  • Un grupo con traxe tradicional actuando nun escenario baixo unha carpa
  • Pandeireteiras sentadas tocando nun escenario
  • Rapazas con traxe tradicional bailando
  • LUCERNIÑAS

    Eran pequenos utensilios, feitos en pedra ou terracota, usados polos romanos quen explotaron a súa produción masiva e o seu uso xeneralizado para ter luz artificial. Eran alimentadas con aceite de oliva e tiñan desde unha a unha ducia de mechas

  • LUARADAS

    Crepúsculos e luaradas; cando segura a fúria dos mares. Tamén se lle chama luaradas a claridade producida pola luz da Lua

  • RAEIRA

    Luz . agarimosa entre chuvieiras do sol en inverno.

  • RAIOLA

    Feixe de luz de intensa luminosidade. …

  • LOAIRA

    É o primeiro raio de luz que aparece tras a choiva

  • ESTRALAMPO

    Luminosidade intensa que aparece despois dunha tormenta.

  • ARDORA

    Trátase dun fenómeno luminoso producido no océano onde grandes masas de auga emiten unha misteriosa luz azul. Este resplandor nocturno, citado por primeira vez por Xullo Verne na súa obra Vinte mil leguas de viaxe submarina cando relatou a travesía do Nautilus

  • LUZ DO ILICINIO

    Significa luz sobre o monte máxico, neste caso o Pico Sacro.