ACTA DA SESION DA XUNTA DIRECTIVA

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

Reunidos en Lestedo o dezanove de marzo de dous mil dezaseis ás 18 horas coa asistencia da maioría dos

seus membros, a Xunta Directiva tratou e acordou as seguintes cuestións:

ORDE DO DÍA

  1. Análise e decisión en relación coas actividades que restan por desenvolver no ano 2016.
  2. 2. Organización desde a Asociación do libro “Antoloxía poética do Pico Sacro”.
  3. Rogos e preguntas

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN E ACORDOS ADOPTADOS

  1. Con carácter previo ao inicio da sesión, o Presidente trasladou ás compoñentes e monitoras dos

grupos Loaira e Estralampo a noraboa pola súa actuación no programa Luar o 18 de marzo.

  1. O Presidente  expuxo   as actividades  que   restan por  desenvolver   no ano  2016   e  que foron

aprobadas, no seu día, por acordo da Asamblea Xeral. Así mesmo, sinálanse as datas propostas

para cada unha delas:

– O 3 de abril acudirase coas Asociacións A Ponte e Raiceiros á unha camiñata ata a fervenza

do Pontillón.

– O 14 de maio celebrarase o día das letras galegas cun recital de poesía e música.

– O 28 de maio terá lugar o Serán “Sons do Ilicinio”.

– O 18 de xuño organizarase a “Noite Máxica” no cumio do Pico Sacro cun contador, un

mago e a realización do ritual do lume.

– O 28 de agosto xogaremos coa actividade “Brincando coa Historia”.

As actividades e datas para a súa celebración aprobáronse por consenso sen ter que recorrer

a votación ao non opoñerse ninguén.

  1. O Presidente   expón   a   posibilidade   de   que   a   Asociación   organice   a   elaboración   do   libro

“Antoloxía poética do Pico Sacro” coa colaboración da Asociación de escritores en lingua galega

e o escritor Miro Villar.

Todos   os   presentes manifestan  a   súa conformidade  coa   proposta  que resulta   aprobada   por consenso.

  1. Na quenda de rogos e preguntas sinálase a necesidade de vender rifas para o sorteo dunha

enciclopedia. As dúas enciclopedias restantes decídese vendelas na internet.

As camisetas acórdase repartilas entre os nenos dos grupos e as restantes vendelas a un prezo de 10 euros.

Lestedo, 19 de marzo de 2016

A Secretaria

Natalia Lobato Mosquera

 

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30