CAMIÑATA O VINDEIRO DOMINGO 3 DE ABRIL

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

Con motivo da celebración o vindeiro 1 de Abril do «Día das Artes Galegas» decidimos organizar unha camiñata o vindeiro DOMINGO 3 DE ABRIL para facer visible a existencia de algunhas das asociacións da nosa zona que traballan en prol da investigación e difusión da cultura Galega.

  O grupo de «Amigos da Ponte de Ponte Ledesma» ocorréusenos convidar a esta iniciativa á asociación «Raiceiros» e tamén á asociación «Maestro Manuel Gacio». Do que se trataría sería de que cada asociación organizase unha camiñata, escollendo o punto de partida que lle pareza mais axeitado, e que remataría nas Fervenzas de Codeso ás 11:30h. Unha vez alí un representante de cada asociación faría entrega (figurada, solo para a foto) de algo que simbolice o traballo que leven a cabo dende a asociación ós representantes das outras dúas. Sacaríamos fotos e enviaríamosllas á prensa.

  Por Exemplo: Os de «Amigos da Ponte de Ponte Ledesma» sairemos ás 9:30h de xunto á ponte de Ponte Ledesma e iremos camiñando pola veira do río (os do concello fixéronnos un sendeiro creando algúns tramos novos e aproveitando os xa existentes dos camiños do monte e dos pescadores) pasando por Noente, Santa Mariña e Donas. Cando cheguemos a Codeso Alejandra fará entrega @ representante da asociación Raiceiros e @ de Maestro Manuel Gacio do libro recentemente publicado «Ponte Ledesma, nove arcos de auga pedra e historia». Despois do intercambio e das fotos volveremos andando para Ponte Ledesma a donde esperamos chegar de volta en torno ás 14h.

  Os de Raiceiros, se queredes podedes sair de Ponte Ulla e os de Maestro Manuel Gacio do Pico (de Codeso ó Pico creo que os do concello tamén «montaron unha ruta»). Pero obviamente cada grupo pode organizar como mais lle conveña. A idea e facer unha camiñata que nos sitúe a tod@s ás 11:30h nas fervenzas de Codeso para o intercambio de agasallos e, por suposto, sacar fotos para enviarlle á prensa e de este modo facer visible tanto a existencia das nosas asociacións coma o traballo que, dende elas, estamos levando a cabo.

  ¡Moitas Gracias a tod@s! e non dubidedes en aportar calquer suxerencia que vos pareza interesante.

  Atentamente

  Natalí González Cacho

 

 

,P1130168

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30