ÉXITO DO ROTEIRO LITERARIO O PICO SACRO

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

P1130168O percorrido celebrado en pasado día 12 en torno ao Pico Sacro, foi todo un éxito tanto de asistencia, unhas 75 persoas, como de organización. Realizáronse diversas paradas homenaxeando a cada un dos escritotes que nos seus textos fan mención a este Pico máxico.

Os caminantes do Roteiro foron contando historias e lendas das pedras do Pico. En Galiza a pedra está ligada á cultura e á tradición., era e segue a ser o material de construción dos santuarios e motivo de lendas, remedios e tradicións. Pola súa forma natural, polas propiedades que se lle atribúen, pola relación con fenómenos sobrenaturais as pedras están asociadas a multitude de ritos e crenzas, algúns moi primitivos e posteriormente cristianizados

PICO SACRO Estrabón (100 a. de C.) fala de ritos relacionados coas pedras no Pico Sacro, adicado ao Sol e a Xúpiter, no que, segundo un antigo costume, as pedras son voltas do revés e, despois de ofrecerlles unha libación devólvense ao xeito primitivo. Non se poden facer sacrificios nin ficar pola noite, porque é cando os deuses visitan o lugar. Facíanse romerías no Pico Sacro con fins curativos.P1130223

 

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30