XUNTA DIRECTIVA Circular 08/05/1

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

Prezados socios/as

 

Unha vez máis, insistimos e convidamos dende estas mensaxes que visitedes a nosa páxina: www.aaccmestremanuelgacio.gal, que con tanta dedicación e mimo leva o noso compañeiro, Manuel Abelleira.

 

Na páxina xa podedes encontrar o programa das letras 2016, adicadas a Manuel María, que imos celebrar o sábado 14 ás 17 horas, no Centro de interpretación do Pico Sacro.

LETRAS GALEGAS 2016

Ese mesmo día tentaremos entregar a Gran Enciclopedia Galega, que estamos sorteando co motivo das letras, Calquera socio/a que desexe adquirir algunha rifa (1 euro, catro números), e non tivo oportunidade, pode facelo cunha mensaxe a este mail, desta forma está colaborando con todas esas actividades que ano tras ano imos levando a cabo, e tamén participa directamente da ilusión colectiva.

sorteo egau

Lembrar que para o 28 deste mes temos o IV Serán SONS DO ILICINIO, na páxina xa están publicados varios grupos dos que van estar esa noite con todos os que se sintan atraídos pola nosa música.

 

Apertas atlánticas,

A xunta directiva

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30