O Campo do Río de Ponte Ledesma acolleu este sábado a Noite Velada, unha cita máxica a carón do Ulla.
A nosa formación Raeira foi unha das protagonistas da noite, ofrecendo unha gran actuación de música tradicional que fixo gozar a todo o público asistente. O cartel completouse coas actuacións de Muxicas da Silveira e Son de Gaita, nunha velada organizada polo Concello de Boqueixón.
Moitas grazas ao Concello pola invitación e a todas as persoas que vos achegastes a compartir connosco esta noite tan especial.
A continuación podes ver algunha foto da actuación:








