A pasada fin de semana, Bertamiráns converteuse na capital da música tradicional galega, e a nosa asociación estivo alí para demostrar a súa vitalidade. No marco do IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional ‘A.C. Retranqueiros de Ames’, participamos con nada menos que 5 grupos, compartindo escenario cos mellores talentos do país.
Velaquí tedes os mellores momentos de cada unha das formacións que nos representaron en Bertamiráns:







