RESOLUCIÓN E ENTREGA DE PREMIOS DO II CERTAME LITERARIO CONVOCADO POLA AC «MESTRE MANUEL GACIO»

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
Os premiados posan con membros de xunta directiva, do xurado do certamen e autoridades presentes

Máis de medio centenar de traballos presentáronse ao Concurso literario convocado pola Asociación Mestre Manuel Gacio..

Duas eran as categorías nas que podían participar.

A: Alumnos/as de Primaria

B: Alumnos/as de Secundaria

e dous eran os premios que se establecían por categoría, aínda que ou xurado podía declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos textos presentados.

Foi todo o contrario, o xurado estimou a calidade dos traballos presentados dun nivel máis que notable, polo que decidiu conceder dous accésits máis en ambalas categorías

Os premiados recibiron o seu galardón o día 16 de deciembre  no Centro de Interpretación Pico Sacro de Lestedo.

Categoría A: Un fin de semana nun balneario de Galicia para o autor e dous familiares, para o primeiro premio.

O segundo premio un cheque por valor de 75 euros para libraría Lino de Lestedo

Categoría B. Os mesmos premios que na categoría A

Os accésits serán premiados con libros adaptados a suás idades para que sigan lendo, que é a mellor maneira de escribir con calidade.

Tras as deliberacións pertinentes o xurado por unanimidade decidiu outorgar os premios os seguintes traballos :

María Crespo recibe o primeiro premio na categoria B, de mans do alcalde de Boqueixón

Na categoría A 

1 premio para A Fada do Pico Sacro

2 premio para O Pico Sacro, un lugar encantado

O público abarrotou o salón de reunións de Centro de interpretación Pico Sacro de Lestedo

accésits a::

Os Trasnos do Pico Sacro

– A aldea do Pico Sacro

Na categoría B

1º premio para Amencer da Raíña... por recrear de forma actual a lenda do pico Sacro e a utilización dun vocabulario rico e variado.

2º premio para Loba.…salentar que o relato ten unha estructura vangardista e unha utilización de frases curtas que contribúen a darlle ritmo ao relato.

accésits

Unha Antiga Historia

-Vacacións no Pico Sacro

Abertas as plicas resultaron gañadores :

Na categoría A

1º premio para María Pichel

2º premio para Sabela Ferradás

accésits para

Alvaro Gómez

Michelle Mato

Na categoría B

1º premio para María Crespo

2º premio para Iago Barriuso

accésits para

Alba Pérez

Mirian Otero

En hora boa a todos os participante e de modo especial os premiados

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30