Durante todo o mes de xullo, estará aberto o período de reserva de praza para os obradoiros que ofertamos dende a nosa Asociación: acordeón, baile, gaita, pandeireta, percusión tradicional e requinta.
Somos conscientes do momento que a nosa sociedade está a vivir. Por iso, traballamos para ofrecervos as clases do vindeiro curso do xeito máis seguro e seguindo as pautas marcadas polas autoridades.
Así pois, se tes pensado comezar nalgún dos nosos obradoiros ou repetir un ano máis, podes facer a reserva contactando:
acmestremanuelgacio@gmail.com
675965852 (tamén atendemos por Whatsapp)

ACTUACIÓN DE RAEIRA NA NOITE VELADA DE PONTE LEDESMA
O Campo do Río de Ponte Ledesma acolleu este sábado a Noite Velada, unha cita máxica a carón do Ulla. A nosa

