Durante todo o mes de xullo, estará aberto o período de reserva de praza para os obradoiros que ofertamos dende a nosa Asociación: acordeón, baile, gaita, pandeireta, percusión tradicional e requinta.
Somos conscientes do momento que a nosa sociedade está a vivir. Por iso, traballamos para ofrecervos as clases do vindeiro curso do xeito máis seguro e seguindo as pautas marcadas polas autoridades.
Así pois, se tes pensado comezar nalgún dos nosos obradoiros ou repetir un ano máis, podes facer a reserva contactando:
acmestremanuelgacio@gmail.com
675965852 (tamén atendemos por Whatsapp)

GRAN ÉXITO NO FESTIVAL DAS LETRAS CELEBRADO EN CAMPORRAPADO
Onte, na Casa da Cultura de Camporrapado, vivimos unha xornada emocionante co Festival das Letras, organizado pola nosa Asociación Cultural Mestre Manuel