PRIMEIRO PREMIO XACARANDAINA DE MÚSICA TRADICIONAL PARA AS PANDERETEIRAS DÁ ASOCIACIÓN C. M. MANUEL GACIO DE LESTEDO

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

 

O grupo de pandereteiras da Asociacón Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo gañou un ansiado primeiro premio no XXVIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina celebrado no Centro cultural Ágora, A Coruña o domingo día 14 de maio. Este concurso, no que participaban   grupos procedentes de toda Galicia.

O premio obtivérono as nosas nenas no apartado de pandeireteiros/as, Categoría A (ata 9 anos inclusive) , Segundo figuraba nas bases de concurso o xurado tivo en conta:

Autenticidade e dificultade dá peza.

Afinación e interpretación.

Expresividade na interpretación.

Emocionadas e orgullosas recibiron un trofeo e premio en metálico de 250 €.

É todo un éxito para estás nenas e as súas monitoras, ás que felicitamos de todo corazón , así como ás familias pola súa constancia achegándoas aos ensaios.

Detrás de cada grupo hai moito traballo que non sempre se recoñece ou non se valora na súa xusta medida .

Empeño, traballo e ilusión  son calidades a destacar na  Asociación que comezou  a súa andaina neste bonito e apaixonante mundo da cutura e o patrimonio artísitico fai tan só cinco anos e cuxa alma «mater» é o seu presidente e fundador Xosé Manuel Lobato que no acto celebrado onte na Coruña non podo conter  a súa emoción cando escoitou  o nome das gañadoras .

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30