“PICO SACRO FERIDO POLO LÓSTREGO E A LENDA” O DIA 1 DE XULLO SERÁ PRESENTADO CUMIO DO PICO .

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
Mañan, sábado, día 1 de xullo, ás 20 horas na capela do cumio do Pico Sacro celebraremos, posiblemente, o acto máis importante ata o de agora da nosa asociación.
Presentaremos o noso libro, Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda.
Xa confirmaron a súa asistencia varias personalidades e autores.
Ahora tocanos a nós, socios, amigos e veciños da contorna apoiar coa presencia este acto.
Desde o Rexurdimento ata os nosos días, o Pico Sacro foi constante invocación literaria, e esta obra é a proba evidente. Poemas, relatos, ensaios, crónicas xornalísticas, mesmo contos infantís… «Historia e ficción mestúranse aquí nun binomio inseparable», sinalan os artífices desta convocatoria

Noventa autores e autoras arredor deste monte mítico de Galicia. Textos dende o Rexurdimento ata novas voces actuais. Poesía, ensaio, ficción, relato… Unha edición sen precedentes ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato. O Pico Sacro como nunca foi lido .

Publicado por Alvarellos Editora en colaboración coa Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Boqueixón, reúne a obra de noventa autores e autoras arredor desta cima única. Unha edición ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato, responsables dun traballo pioneiro: recompilaron textos clásicos, históricos algúns ben coñecidos, outros moi pouco divulgados ata hoxe— e puxéronos a dialogar con novas composicións, inéditas, de autores e autoras actu

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30