O grupo de padereteiras da nosa Asociación , Loaira, participará no XVI Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

O próximo 12 de abril no Centro Cívico de Arteixo está convocado pola Asociación Xiradela a XVI concurso de música tradicional en diferentes modalidades. Na do GRUPOS DE PANDERETEIRAS participará Loaira na CATEGORÍA A: ata os 10 anos. O xurado terá en conta para otorga os premios:

– A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.

– A dificultade da mesma.

– A afinación e a interpretación.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.

Ademáis dos premios as mellores interpretacións  serán premidaodos os mellores vestiarios en cada categoría.

Unha vez rematada a actuación de todos os participantes e a avaliación do Xurado daranse a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados o mesmo  día 12 de Abril de 2015.

Ergue! nenas de Loaira. Confiamos no voso bo facer. O importantes é participar e sabemos que ides representar moi ben a Lestedo e gañedes ou non sempre imos estar orgullosos de vós.

 

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30