O VINDEIRO SABADO, DÍA 25 , TERÁ LUGAR A ANDAINA MUSICAL «O MURMUIO DÁ RAÍÑA LUPA» DE SEIS KILÓMETROS NO CONTORNO DO PICO SACRO

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

Todos coñecemos que a saúde está no andar, pois o próximo sábado 25 a partir das 18 horas toca camiñar. Todos convidados para un percorrido de 6 quilómetros. e  para gozar dun enclave mítico, o Pico Sacro que será a referencia dá nosa andaina na que escoitaremos os sons dá natureza e, tamén os de instrumentos relacionados coa nosa música tradicional (gaita, pandeireta…)

As seis dá tarde será a saída nos arredores do campo de futbol de Lestedo , dirección Centro de Interpretación Pico Sacro de Cachosenande- Ardarís- Cruceiro de Rubial- Deseiro -Quián ( Aquí  visitaremos o pazo de Quián, antiga residencia da familia dos Campuzano,  para coñecer a súa historia pasada e ás súas reliquias en diferentes ámbitos. Hoxe en día  está ocupado  por dependencias da Escola de Capacitación Agraria, quedando en pé un edificio con torre ameada e unha capela pegada, que está inutilizada. A capela, de estilo neoclásico, de planta rectangular, ten como elemento destacable a espadaña dunha campá, sobre a porta de entrada.)

Moi importantes son  algunhas dás árbores que alí podemos contemplar

 

cartelaroteiromusical2015

Regresaremos ao Centro de interpretación Pico Sacro por Verdial. Ao longo do camiño soarán as pandeiretas e gaitas en distintos puntos do percorrido. Finalizará esta andaina con música do grupo ESTRALAMPO, pertencente á Asociación. Aquí ademáis de escoitar a música deste grupo, repoñeremos forzas cun piscolabis ao que invita a Asociación

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30