NOITE MÁXICA ESTE ANO A ASOCIACIÓN DESPLAZARASE A CAMPORRAPADO

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

¡Ouh, sol! Ti, que atesouras
a lus que esparxe a brétema sombría;
ti, que os outeiros douras
e inundas de armonía
o ceo, a terra, o mar, a tarde, o día; (Curros Enríquez)

Pois este ano a NOITE MÁXICA, vai ser o sábado día 13 ás 16:30 horas na Casa de Cultura de Camporrapado, está organizada pola Asociación e o Concello.
Teremos variedade para todos os gustos:
Teatro, Coreografías 2015, tamén música cos grupos Estralampo e Loaira, actuación do mago «Magic» e Inchables.
O costume de reunirse no solsticio de verán remóntase aos tempos nos que os celtas celebraban a festa de “Beltaine” ou “Beldán”, a festa do Sol que festexaba cando este está no seu punto máis álxido..
Esta noite máxica desde os tempos máis remotos, e que coincide coa celebración do solsticio de verán (a noite máis curta do ano), ten na nosa terra unhas características moi especiais.Segundo cálculos do Observatorio Astronómico, o verán de 2015 comezará o domingo 21 de xuño á 18 h 38 m hora oficial
O inicio das estacións vén dado, por convenio, por aqueles instantes en que a Terra se encontra nunhas determinadas posicións na súa órbita arredor do Sol. Durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia; a esta circunstancia o a chama tamén solsticio (“Sol quieto“) de verán. Neste instante no hemisferio sur iníciase o inverno

 Se cres na maxia esta tarde-noite atoparala.  Se eres dos que quere s vivir  momentos máxicos, momentos plenos de felicidade, momentos que sabes que paga a pena vivirr, este é o teu sitio. Esta é a túa noite. Ven a Camporrapado

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30