LOAIRA PARTICIPARÁ NO XII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL NA ESTRADA

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

O grupo de baile “ LOAIRA” da Asoiación Mestre Manuel Gacio participará o domingo 17 de abril no XII concurso de baile tradicional no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada .

O Concurso está organizado por TEQUEXETÉLDERE é un proxecto de recreación e difusión da cultura do noso pobo, centrado en recuperar manifestacións etnográficas (baile, música, vestiario, cantigas, etc) coas que aloumiñar a formación dos máis novos e compoñer espectáculos que fagan as delicias do público en xeral.

Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.

Cada grupo dispondrá dun tempo máximo de cinco minutos. Para o noso grupo , categoría A , ata 10 anos, o concurso celebrarase en horario de mañán (ás 11:00 horas) .

A Agrupación Infantil Loaira amenizou o arrancaron os aplausos do público cunha fermosa actuación con pandeiretas, cantos e aturuxos
A Agrupación Infantil Loaira

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30