Onte, na Casa da Cultura de Camporrapado, vivimos unha xornada emocionante co Festival das Letras, organizado pola nosa Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio.
Os alumnos do CPI O Foxo deleitáronnos cunha marabillosa obra de teatro que soubo capturar a atención de todos os asistentes cunha posta en escena impecable. A continuación, o talento dos nosos grupos de música tradicional, Solleirando, Lucerniñas e Luceiro, encheu o auditorio de sons que evocaron a nosa rica herdanza cultural e musical.
Agradecemos enormemente a participación de todas as persoas asistentes, así como o esforzo e dedicación de todos os artistas que fixeron posible este evento. Continuemos celebrando e promovendo as nosas tradicións e o valor da nosa cultura local.
Deixamovos pequena testemuña visual do festival: