ÉXITO ROTUNDO NO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

 

A celebracion das letras galegas organizada pola Asociación Cultural mestre Manuel Gacio no Centro de Interpretación Pico Sacro de Lestedo comezou cunha interprtación musical » Negra Sombra», saxofón e tambor, a cargo dos irmáns María e Mauro Crespo. A saxofonista deleitounos así mesmo coa Cantiga galega  » Non che namores meniña «.

A nena Sofía Silva, que exerceu de presentadora, deu lectura ao monólogo que se atopa no libro » Vento Ferido» de Carlos Casares e cantou a modo de cantares de cego o romance » historia dá nosa lingua». Todos eles foron moi aplaudidos

 

O escritor Antón Riveiro Coelho encargouse de amenizar a belada cunha morea de cousas interesantes dá vida de Carlos Casares do que era amigo e ademais tiña un certo parentesco co escritor homenaxeado´Fixo un amplo percorrido biográfico da vida do escritor, facendo paradas nas súas facianas máis notables,tales como a de coleccionista, dixo que gozaba moito construíndo as súas miniaturas, algo que conservou de adulto na afección polos trens eléctricos,. Divertíalle escoitar historias dos vellos e que logo visitaron moitas dás súas páxinas. .

Riveiro Coelho manifestou que a nenez de Casares marcou o que o definiu como escritor ata os seus derradeiros días .

Estudou o bacharelato non Instituto de Ourense, onde coñeceu a Vicente Risco, a quen sempre lembrou como alguén influinte nel. Foi estudar na Universidade de Santiago , Filosofía e Letras, e alí coñeceu outro insigne galeguista, Ramón Piñeiro, que foi quen lle publicou ou seu primeiro libro, Vento ferido (1967).

Ao terminar a súa intervención o público asistente despediuno cunha sonora salva de aplausos

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30