ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO OBRADOIRO DE BORDADO AO AIRE DE TRAXES TRADICIONAIS

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

Destacar o éxito de participación, pois foron cubertas a totalidade das prazas que se ofertaban, agora só queda esperar que a aprendizaxe sexa frutífera para todo o alumnado.
Ilusión e moito interese, así comezou ou sábado non Centro de interpretación Pico Sacro o obradoiro de AGREMÁNS (bordado ao aire). Este é un curso de iniciación a esta técnica de bordado tan espectacular e moi vistosa. É un proceso moi laborioso que, debido á súa dificultade e tempo de dedicación, corre o risco de desaparecer. A Asociacion Cultural Mestre Manuel Gacio co afán de que esta técnica non desapareza da nosa cultura galega organizou este obradoiro de borado ao aire, proceso lento que hai que realizar de forma moi coidadosa.
Componse de varios pasos o último deles é colocar o bordado sobre a peza. Un das moitas características especiais deste bordado é que se cose do revés, así ao colocalo sobre a peza non se ven as puntadas

Proceso lento que hai que realizar de forma coidadosa, para non deformar o debuxo ao coserlle o cortadillo.
Proceso lento que hai que realizar de forma coidadosa, para non deformar o debuxo ao coserlle o cortadillo.

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30