Destacar o éxito de participación, pois foron cubertas a totalidade das prazas que se ofertaban, agora só queda esperar que a aprendizaxe sexa frutífera para todo o alumnado.
Ilusión e moito interese, así comezou ou sábado non Centro de interpretación Pico Sacro o obradoiro de AGREMÁNS (bordado ao aire). Este é un curso de iniciación a esta técnica de bordado tan espectacular e moi vistosa. É un proceso moi laborioso que, debido á súa dificultade e tempo de dedicación, corre o risco de desaparecer. A Asociacion Cultural Mestre Manuel Gacio co afán de que esta técnica non desapareza da nosa cultura galega organizou este obradoiro de borado ao aire, proceso lento que hai que realizar de forma moi coidadosa.
Componse de varios pasos o último deles é colocar o bordado sobre a peza. Un das moitas características especiais deste bordado é que se cose do revés, así ao colocalo sobre a peza non se ven as puntadas

GRAN ÉXITO NO FESTIVAL DAS LETRAS CELEBRADO EN CAMPORRAPADO
Onte, na Casa da Cultura de Camporrapado, vivimos unha xornada emocionante co Festival das Letras, organizado pola nosa Asociación Cultural Mestre Manuel