PRESENTACIÓN DO DISCO-LIBRO «ECOAR DO ILICINIO» NO PROGRAMA LUME NA PALLEIRA

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
Temos a ilusión de anunciarvos que o noso disco-libro “ECOAR DO ILICINO” xa voa nas ondas.

Que mellor maneira de presentar este traballo que acudindo ao programa  «LUME NA PALLEIRA» (senlleiro programa da Radio Galega con 32 tempadas en antena, especializado na música folk e tradicional, conducido polo gran Emilio Españadero).

Manolo Barros, Antón Barros, e Noa Méndez; representando a todas as persoas que participaron na gravación do disco, xunto co noso profe  David  Canto, tiveron ocasión de falar da nosa asociación, do repertorio do disco, das recollidas,… e do orgullosos que estamos deste fito colectivo.

Preme o enlace para que escoitar esta entrevista:

https://agalegaaudio.gal/videos/145521-lume-na-palleira-26-05-2024/

Desexamos que vos guste, …non tardes en mercalo! que se esgota

Máis novas

MATRÍCULA CURSO 24-25

Abrimos inscricións para o vindeiro curso, se estás interesado en seguir formando parte da nosa Asociación ou pertencer a ela é o

ROMERIA DO PICO SACRO

Este domingo celebrouse a Romaría do Pico Sacro  coas actuacións musicais dos grupos Raeira e Luz do Ilicino .