CIRCULAR 1/10/2015 OS SOCIOS E SIMPATIZANTES

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

 

 

Prezados socios/as

 Tentaremos ser breves para comunicarvos tres cousiñas.

 A primeira, o vindeiro 3 de outubro, no pazo da feira de Lestedo, comezamos os obradoiros de pandeireta, gaita, baile e percusión.

 A segunda, por acordo da Xunta Directiva, decídese nomear a XOSÉ NEIRA VILAS, SOCIO DE HONRA DA ASOCIACIÓN.

 Por outra banda, estamos preparando a programación para o 2016, como sempre contamos coas vosas suxestións para confeccionar un programa que atenda ás inquietudes da gran maioría.

 Saúde e que cante o merlo neste equinoccial,

A Xunta Directiva

 

 

A Asociación Cultural  presentou ao público a mostra “Querido Balbino”, que serve para conmemorar os 50 anos da publicación do libro de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego. nun acto celebrado no Centro de Interpretacin Pico Sacro. Sentada ao seu lado está a nena Sofía Silva foi a presentadora do evento, chamou a atención a súa soltura diante dos micrófonos para quen só ten once anos

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30