CAMIÑATA 5 XUÑO,DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

 

SAÍDA ÁS 9:30H DA PONTE VELLA DE PONTE LEDESMA.  Convite dos amigos da Ponte

P1130188

Con motivo do día mundial do medio ambiente o grupo “Amigos da ponte de Ponte Ledesma” organiza unha camiñata para desfrutar da natureza do noso entorno. Sairemos do campo do río para ir ata Castro onde visitaremos o magnolio, camelias e eucalipto centenario da “Casa de Valderrama”. Despois polos camiños do monte baixaremos ata a “Area Recreativa de Subcira” e dende alí, todo pola beira do río volveremos ata Ponte Ledesma. O chegar de volta explicarannos brevemente a historia da súa milenaria ponte e as cousas mais interesantes que a rodean.

Hora de saída: 9:30h

Distancia a percorrer: 9 Km (ruta circular)

Hora de chegada: 12:30h

-Nota: A ruta NON estará sinalizada polo que intentaremos que o grupo vaia mais ou menos unido dando tempo para facer fotos. Por suposto a participación é totalmente GRATUÍTA. NON é preciso anotarse pero para calquer aclaración podedes falar con Alejandra, Araceli ou Natalí e tamén no tfno 981514041 ou no mail patucoduque@yahoo.es  ¡Animádevos!.

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30