BRILLANTE PAPEL DO GRUPO DE PANDERETEIRAS LOAIRA, NO XVI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XIRADELA DE ARTEIXO

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

Brillante papel o realizado no XVI concurso Xiradela polo grupo de pandereteiras Loaira na categoría de menos de dez anos. Aínda que non conseguiron figurar entre os premiados, a súa brillante actuación recibiu os aplausos e felicitacións da numerosa concorrencia presente no Centro cívico de Arteixo.
Parabén ás nenas que forman este entusiasta grupo de pandereteiras, que cada día se ve como progresan nas súas actuacións públicas. Felicitacións tamén aos seus pais e familiares, así como ás monitoras que con tanto acerto e dedicación están a levar o grupo a metas cada vez máis importantes.

.

 

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30