Ábrese un prazo de 20 días naturais para que os interesados presenten candidatura para ocupar algún dos postos da xunta directiva.

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

anagrama-copia

O próximo 7 de xaneiro de 2016 cumpliranse catro anos do comezo da andadura da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio,

Transcorrido este prazo, de acordo cos estatutos da Asociación, procede a elección dunha nova xunta directiva.

Para poder convocar a Asamblea e proceder a elección, ábrese un prazo de 20 días naturais a contar desde hoxe e que, polo tanto, finalizará o próximo 23 de decembro (mércores), para que os interesados comuniquen mediante correo electrónico a súa [one_half_last]candidatura a ocupar algún dos postos da xunta directiva.[/one_half_last]

Tende en conta que, tal e como sinalan os estatutos da Asociación, a xunta directiva debe estar composta polo presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e dous vogais.

Unha vez remate este prazo, convocarase a Asamblea para proceder a elección entre as candidaturas presentadas.

Lembrade tamén que aínda está a vosa disposición a lotería de Nadal da Asociación. Este ano xogamos co número 42447. Os interesados en adquirila podedes enviar un correo electrónico para solicitala.

Finalmente, non vos olvidedes de abonar a cuota de socio. Só son 5 euros e o número de conta é:

ABANCA: 2080 0320 28 3040010149.

Saúdos,

A Xunta Directiva

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30