ABERTO O PRAZO PARA RESERVA DE PRAZA PARA OS OBRADOIROS DE MÚSICA E BAILE TRADICONAL

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

 

Prezados socios.

Coa finalidade de organizar os obradoiros de música e baile tradicional do vindeiro curso académico, comunicarvos que, ata o 15 de xuño, estará aberto o prazo para reservar a vosa praza. Á hora de organizar os grupos terán preferencia as persoas que xa asistiron aos cursos este ano. (Ver arquivo).

Así mesmo, se algún socio ten propostas de novos obradoiros pode facelas chegar a este correo electrónico.

Lémbrade que este sábado, 20 de maio, ás 18 horas no Centro de interpretación do Pico Sacro celebraremos as Letras Galegas acompañados coas verbas de Riveiro Coello. 

Finalmente, desexar moita sorte aos nenos que van participar no concurso de Vigo.

un saúdo, 

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30