A Festa da Filloa acollerá o I Desfile intermunicipal dos Xenerais da Ulla

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

xeneraisA Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón, acolle en cada edición os atranques dos Xenerais da Ulla, pero este ano quixeron facer da cita un evento máis especial e terá lugar pola vila o I Gran desfile intermunicipal. Abandeirados, correos, xenerais e a tropa –que virá de Valga– escenificarán unha das tradicións máis arraigadas. Sairán ás 13.00 horas da vía a altura do cuartel da Garda Civil e percorrerán as rúas pola estrada xeral ata chegar ao campo da festa. A organización espera xuntar ata corenta xenerais. Logo, arredor das 13.30 horas, comezará o acto central, que será presentado por María Mera e terá como pregoiro a Juan Viaño, reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Todo isto sen esquecer a degustación.

Actuarán tamén os grupos Estralampo e Loaira da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio.

http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/festa-da-filloa-acollera-i-desfile-intermunicipal-dos-xenerais-da-ulla/idEdicion-2016-01-13/idNoticia-974055/

,

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30