A ASOCIACIÓN MESTRE MANUEL GACIO PUBLICARÁ UNHA ANTOLOXIA POÉTICA DO PICO SACRO

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

A   Asociación  Mestre Manuel Gacio de Lestedo   organiza   a   elaboración   do   libro “Antoloxía poética do Pico Sacro” coa colaboración da Asociación de escritores en lingua galega e o escritor Miro Villar.

Moitos son os escritores que  fan referencia ao Pico Sacro. Así o noso poeta Manuel María nun dos seus poemas di  “ Singular e senlleiro Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda”. Pois ben a Asociaión decidiu abrir un prazo para que os escritores actuais que o  desexen participen con algún escrito no que a temática sexa o lendario Pico Sacro

A recompilación e selección deses textos darán orixe á Antoloxía. É común en poesía (antoloxía poética), aínda que tamén pode darse noutros xéneros, como fábulas, ensaios ou contos que tamén poida ter natureza temática

Máis novas

Festival de Fin de Curso

🌟 Festival de Fin de Curso da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio 🎭🎶 A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio convida a toda

FESTIVAL DAS LETRAS

FEATIVAL DAS LETRAS Día: sábado 26 de abril Hora: 18:00 Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado