ROTEIRO A PÉ: SEGUINDO OS PASOS DE XOSÉ NEIRA VILAS EN GRES

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

O vindeiro 25 de outubro, ás 16:30 horas, en Gres, terá lugar unha nova actividade cultural organizada pola Fundación Neira Vilas e a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio.

Trátase dun roteiro a pé polos lugares vencellados á vida e á obra de Xosé Neira Vilas, unha oportunidade única para descubrir espazos emblemáticos como a Casa do Romano, a escola de Granxa, o serradoiro de Pardo, a ponte románica de Ledesma, as Insuas de Gres ou a propia Fundación Neira Vilas.

A actividade está pensada para todas as idades e permitirá mergullarse na literatura, na historia e na paisaxe galega.

Relatora : Maria Luz Barreiro

👉 Entrada libre

+ Info 

 

 

 

Máis novas

FESTAS DO GUNDIÁN

Un ano máis, a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio estará presente nas Festas do Gundián  cos grupos de música tradicional Luz do

Festival de Fin de Curso

🌟 Festival de Fin de Curso da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio 🎭🎶 A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio convida a toda