Novas

OBRADOIROS EN FUNCIONAMENTO
Dende a Xunta Directiva queremos comunicar os eventos que estamos celebrando ou que se van realizar en datas próximas: Obradoiros de pandeireta, gaita, percusión e baile.

Actuación no programa LUAR dos grupos Estralampo e Loaira o día 18
O día 18 de marzo, no programa Luar da TVG actuarán, unha vez máis os grupos da nosa Asociación, ESTRALAMPO e LOAIRA, un orgullo para todos os que compartimos esa ilusión colectiva de traballar pola cultura de noso.

Roteiro o Pico Sacro na literatura galega o vindeiro sábado, 12
A Asociación ten programada unha andaina o día 12 de marzo das 10 a 19 horas , moi recomendable. A saída será (se o tempo non obriga a suspender) dende o Centro de interpretación do Pico.

O 17 de marzo acto de homenaxe a Neira Vilas na Cidade da Cultura.
O Concello enviou a Asociación un documento no que da conta dunha homenaxe a Neira Vilas, aclarando que as entradas son limitadas, polo tanto a xente que desexe asistir recolla a súa entrada no concello, antes de que se esgoten.


no rograma aqui galicia actuaran os grupos estralampo e loaira na nosa Asociación
Prezados socios/as O vindeiro sábado, no programa AQUÍ GALICIA, van actuar os nosos grupos; Estralampo e Loaira. Tamén para o vindeiro sábado, 27 de febreiro comeza o obradoiro de AGREMÁNS.






