Novas

SAN ROQUE AMENIZADO POR LUZ DO ILICINIO
O pasado 16 de agosto, o noso grupo de gaitas, Luz do Ilicinio, acudiu a Lestedo con motivo da celebración do San Roque, tocando na casa dos funcionistas, na misa e na sesión vermú.

NOITE VELADA
Campo do Rio de Ponteledesma Venres: 4 de agosto ás 21:30 Roibén e Raeira participarán na Noite Velada en Ponte Ledesma.


ROMERÍA DO PICO DE MAIO
Luz do Ilicinio actuará hoxe na Romería do Pico de Maio.

Roteiro polos espazos vitais de Franscisco Fernández del Riego
Sábado 29 Roteiro polos espazos vitais de Francisco Fernández del Riego en Vilanova de Lourenzá.

I CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL SANTIAGUIÑOS
Os grupos Loaira, Raeira, Railola e Roibén, participaron no I concurso de música tradicional organizado por Santiaguiños de Boimorto.

DÍA DA POESIA
Arredor de 50 persoas asistiron o domingo ao encontro poético - musical.


GALA DE ENTREGA DE PREMIOS CERTAME LITERARIO
Este domingo tivemos a entrega de premios do VII Certame literario Mestre Manuel Gacio, neste acto contamos cunha conferencia de Miro Villar sobre Florencio Delgado e coa actuación das nosas pandereteiras "LUCERNIÑAS".



MATRÍCULA ABERTA CURSO 2022/2023
Do 1 ao 20 de setembro , está aberto o prazo de matrícula para novos alumnos. Se estás interesado en probar algunha actividade pregunta sen compromiso.
