BASES DO V CERTAME DE NARRACIÓN BREVE MESTRE MANUEL GACIO

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

Publicamos as bases para o V Certame de Narración breve organizado pola nosa Asociación.

​​​​​BASES

1.- Poderá participar calquera mozo/a matriculado en educación Primaria ou ESO, segundo as seguintes categorías:

A: Alumnos/as de Primaria

B: Alumnos/as de Secundaria

2.- En ambas categorías a extensión máxima será de 5.000 caracteres, espazos incluídos.

3.- Os textos versarán sobre o Pico Sacro e deberán estar escritos en lingua galega, orixinais e non premiados noutros concursos.

4.- Os orixinais presentaranse en formato PDF, en formato DIN-A4, en letra Times ou similar de corpo 12. Deben enviarse por correo electrónico ao seguinte enderezo: clmestremanuelgacio@gmail.com acompañados doutro documento onde figure a identidade do autor ou autora (Nome, enderezo, teléfono e correo electrónico) e título da obra, facendo constar no nome do documento o título da obra e a palabra PLICA. Os documentos PLICA serán custodiados pola asociación que non os dará a coñecer, preservando a identidade do autor/a ata despois da deliberación do xuri .

5.- Haberá dous premios por categoría, aínda que o xuri pode declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos textos.

Os premios serán:

Categoría A: Vale de 300 euros para libros e material escolar en libraría Lino de Lestedo, para o primeiro premio.

Segundo premio un vale de 150 euros para libros e material escolar en libraría Lino.

Categoría B. Os mesmos premios que na categoría A

6.- A data límite de recepción dos textos, remata o 30 de novembro de 2019

7.- A composición do xuri darase a coñecer na páxina da asociación mestre Manuel Gacio.

8.- A asociación Mestre Manuel Gacio reservase o dereito de divulgación ou publicación dos textos premiados. Neste senso os autores renuncian a calquera compensación económica.

9.- O xuri e a asociación están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante algún imprevisto non recollido nas presentes bases.

Máis novas

OBRADOIROS CON LUIS PREGO

O vindeiro sábado imos ter con nós a Luis Prego Fernández. Obradoiros que requiren nocions básicas, e para persoas a partir dos

GALA DE GALARDÓNS

GALA DE GALARDÓNS Certame literario Lugar: Casa da Cultura de Camporrapado Día: 30 de decembro as 18:30